Para ver en Castellano
HAGA CLICK AQUÍ

patrocinadores
& Colaboradores



Aleuto Medios Dixitais, S.L.



No 30 aniversario contaremos co equipo profesional de Aleuto. Coa súa axuda, poderemos disfrutar da carreira de Carrilanas en directo a través do aleutostreAming, unha retransmisión en directo vía satélite que poderemos visualizar na pantalla xigante situada na meta do circuito de carrilanas.

Ademais, con este sistema poderedes seguirnos dende calqueira parte do mundo a través de internet. Os datos do consumo de vídeo a través de internet, certifican que o streAming é a última tecnoloxía maís potente que existe para a difusión de eventos.

¿Qué fai Aleuto polo noso streAming?
Traducilo á linguaxe audiovisual. Así os espectadores percibirano con total normalidade e o contido da mensaxe non se distorsionará por un mal emprego da sintaxis audiovisual. Para isto apoianse nas súas ferramentas e nas melloras técnicas que foron incorporando, equipos HD, monitores HD, conexións vías satélite, fibra óptica… Estas melloras permítenlle cubrir retransmisións deportivas, congresos, concertos, presentacións…

Logros técnicos.
Conexión robusta, estable e blindada é o que nos ofrecerán como solución vía satélite, esa é a súa clave, poden asegurar a conexión a internet en calqueira punto sempre que poidan orientar a súa antena.

Eles mesmos nos contan a súa filosofía e porque elixiron Esteiro e as súas carrilanas.

“Da linguaxe audiosvisual encargámonos nós, de difundilo, o streAming”

O que importa é a linguaxe, así de claro. A linguaxe audiovisual, é a adecuada para transmitir a través das cámaras. Nós coñecémola e traducímoslla. Unha webcam e un portátil é ao streAming, o mesmo que un aborixe australiano e un esquimal en liguaxe oral, ¿entenderanse? Probablemente o xusto, por sinais e nada máis.

Non deixe que a difusión dos seus actos sexa unha torre de Babel inintelixible, ademais consulte as nosas tarifas e ofertas para o 2017, ou simplemente solicítenos presuposto, en pouco tempo recibirao personalizado na súa conta de correo.

¿Por que Esteiro?
Podería ter sido outro sitio sí, pero o primeiro son as Carrilanas de Esteiro. Polo seu espectáculo, a súa filosofía, fácil comunicación e transparencia…Así sentímonos cómodos, móvenos algo máis que o de sempre a hora de traballar.

Dende aleutostreAming tentamos democratizar as retransmisións dos eventos en directo, facéndoas accesibles a casi calqueira producción. Grazas á nosa vocación, chegamos ata aquí, con ilusión, esforzo, traballo, kilómetros e moi bos momentos e amigos neste traballo. Eso é o que ofrecemos, sabéndonos, máis que afortunados de disfrutar cada día da nosa profesión.

CONTACTO aleuto@aleuto.com