Para ver en Castellano
HAGA CLICK AQUÍ

patrocinadores
& Colaboradores



As carrilanas dan a campanada na rede



De todos e sabído o gran interese que despertan as carrilanas en Galicia e especialmente no Barbanza, onde se celebra a baixada de carrilanas máis famosa de Galicia, grazas a un público fiel que nos acompaña en cada edición, e sobre todo, onde se reunen os mellores pilotos do mundo de carrilanas para asistir a un evento que é único, non só en Galicia, se non tamén no resto do mundo.

De cotio, os recoñecementos chegan cando menos se esperan, pero non por elo son menos traballados, xa que dende que naceron as Carrilanas, alí polo ano 1987, a organización sempre tivo moi claro que era importante difundir a tódolos medios de comunicación o gran potencial turístico e o gran valor cultural do evento. Un valor cultural que non só atañe aos habitantes de Esteiro, senon que tamén é común a todos os galegos, sen importar o lugar do mundo onde residiran.

A ADC Esteirana de Carrilanas leva dende o seu nacemento dando a coñecer o nome do pobo Esteiro ao longo de toda Galicia.
Non é descoñecido polos habitantes desta pequena localidade do Barbanza ser recoñecidos polas carrilanas cando nos preguntan o lugar de onde somos.

-¿E tí, ti de onde ves sendo?
-De Esteiro.
-¿De Esteiro? Xa sei, onde facedes as carrilanas, ¿Verdade?



Pero desta vez é distinto, desta vez as Carrilanas non se están a promocionar en Galicia, as carrilanas entraron de cheo no mundo virtual, convertíndose así por un tempo nas raíñas da rede.
Aínda non sabemos moi ben onde arrancou todo, pero sabemos que foi o propio Youtube quen acendeu a mecha, Cabromotor quen lle deu o empurrón e a partir de ahí foi un non parar. O vídeo do participante Eloy Facorro comenzou a ser viral pola rede, recibindo comentarios e reproduccións de todo o mundo.
Os poucos días alcanzou máis de 500.000 visitas no Youtube, foi ahi cando a Voz de Galicia se fixo eco do mesmo no publicando este artígo na prensa.

Agora, tamén son importantes medios internacionais como a revista automovilística británica UNILAD, MSN Vídeos, Yahoo News ou Buzz quen se está facendo eco do vídeo víral do momento, que están aportando unhas cifras de reproduccións que soamente son alcanzadas polas grandes estrelas, parece que ahora tamén anda unha carrilana polo firmamento do internet facendo das súas.


O vídeo en cifras:

Youtube: 663.000 reproduccións
Orgullo Galego: 114.000 reproduccións
Cabromotor: 960.000 reproduccións
UNILAD: 2.048.000 reproduccións
Portales privados: MSN, Yahoo, Buzz, Storyfull...


Grazas a todos por facer as carrilanas un pouco máis grandes.