2.Eixos e rodas teñen que ser de madeira. As rodas pódense recubrir de goma sen aire, e sen rodamentos.
3.As tres primeiras carrilanas de cada categoría serán revisadas. Desmontaránselle as rodas para comprobar que non teñen rodamentos e material diferente ó permitido.
4. PROHIBICIÓN DE ENGRASES DE ACEITE LÍQUIDOaínda que sí se permitirá a utilización de outros engrases de grasa consistente. Todas as carrilanas serán verificadas antes e depois da carreira, polo que a carrilana que empregue aceite líquido, quedará excluída da proba e tomaranse medidas por considerar que se pon en risco a integridade dos demais particpantes e usuarios da vía así como do público.
ESTRUCTURA DE COMPETICIÓN
CARRILANAS LENTAS:
Farase unha carreira e os postos de saída decidiranse o sabado cos tempos da pole position.
CARRILANAS RAPACES:
Farase unha carreira e os postos de saída decidiranse o sabado cos tempos da pole position.
CARRILANAS RÁPIDAS:
Entrarán nesta categoría as vinte primeiras carrilanas clasificadas na pole position. O formato será o mesmo que nas outras dúas categorías.
NORMAS DE INSCRIPCIÓN E SEGURIDADE
- Todolos participantes deben presentar o DNI orixinal no momento da inscripción , sábado 18 dende as 12 h ata as 15 h, na alameda de Esteiro.
- No caso de ser menor deben acudir acompañados polo pai/nai ou tutor legal, que así mesmo deberá presentar o DNI.
- Será necesario presentar a carrilana para a exposición, que será no momento da inscripción, en caso de ser imposible poñerse en contacto coa organización.
- Será OBRIGATORIO O USO DO CASCOpara TODOS os pilotos. Os pilotos das Carrilanas de competición deberán empregar casco integral con suxección e non se lles permitirá baixar con ningunha prenda de manga corta. O piloto que non cumpra estas normas non poderá tomar a saída e será inmediatamente excluído da proba.