Para ver en Castellano
HAGA CLICK AQUÍ

patrocinadores
& Colaboradores


PREGUNTAS FRECUENTES

Consulta as dudas máis frecuentes sobre o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro.

¿Que son as Carrilanas?

As Carrilanas son coches tradicionais feitos íntegramente de madeira sen ningún tipo de propulsión máis que a propia forza da gravidade, con esta competición, preténdese conmemorar un dos xogos máis populares entre nenos e nenas de Galicia.

¿Podo participar no Gran Prix de Carrinalas de Esteiro?

Calquera persoa pode participar na baixada de carrilanas, soamente fai falta unha carrilana que cumlpa a normativa e realizar a inscripción enviando un email a carrilanasesteiro@hotmail.com co nome da Escudería, DNI do piloto e DNI do Copiloto escaneados, tamén podes inscribirte mediante o noso formulario Web aquí.

Como público, ¿Debo facer caso a organización?

Sí, débese prestar atención e seguir as recomendacións da dirección de carreira ademáis dos voluntarios de pista en todo intre para evitar calquera tipo de risco.

Como espectador, ¿Podo ubicarme donde queira para ver o Gran Premio?

Non, existen zoas dentro do trazado que están prohibidas ó público, en caso de situarse en unha de estas zonas, un membro da organización indicaralle que non debe permanecer ahí, polo que deberá abandonar a zoa e ubicarse en un sitio máis seguro.

¿Cantas categorías ten o Gran Prix?

O Gran Premio conta con tres categorías, unha para nenos e nenas, outra para carrilanas lentas e históricas e unha última categoría denominada carrilanas rápidas que ven sendo a baixada principal.

¿Hai entrega de premios?

Si, unha vez finalizada a carreira, entregarase na Alameda de Esteiro a entrega de premios tanto trofeo como premio en metálico os gañadores das distintas categorías, así como a carrilana máis elaborada, o trompo máis espectacular ou o premio ladrillo para o accidente máis gracioso.

¿Hai competición a nivel autonómico ou estatal?

Aínda que hai outro tipo de competicións similares a niveles rexionales, as carrilanas de Esteiro conservan toda tradición e esencia das antigas carrilanas, debido a que non premitimos rodamentos, eixes e chasis que non sean de madeira, así como outras restriccións para conservar a esencia, o Gran Premio non computa en ningúnha competición de velocidade por inercia, aínda así, estamos traballando arreo con outras asociación para crear un campeonato de Carrilanas de madeira a nivel Galego.

¿Donde podo aloxarme os días do Gran Premio?

Todos que se acerquen a Esteiro a participar ou a asistir o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro poden quedarse nos distintos aloxamentos dos que se dispón no pobo, tamén se habilitará zonas de acampada libre durante esos días para todas persoas que o requiran.